FESTA DO 25º ANIVERSARIO DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia está preparando unha festa para conmemorar o 25º Aniversario, os "25 Anos de Historia co Deporte Base" da entidade, que terá lugar o sábado 27 de decembro do 2008 no Colexio Seis do Nadal.

 

A Dirección Deportiva e a Xunta Directiva da entidade están traballando nos preparativos para este evento que de seguro será un dos máis importantes da Historia do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, no cal de seguro que se reunirán tódalas xeracións que pasaron polo club.

 

Un día de convivencia e de xuntanza que terá o obxectivo de xuntar por unhas horas a tódala historia do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

 

Tódalas actividades e horarios deste evento serán publicados nesta páxina web para información de tódolos interesados.

No hay comentarios: