CARTA DE AALÍ MOHAMED: "OS MEUS INICIOS POR CASUALIDADE"

Fai 25 anos empecei a adestrar neste clube, por mor dunha casualidade. Eu era árbitro de baloncesto e un amigo meu, que iba empezar a adestrar no Colexio Seis do Nadal, pediume o favor de axudarlle coas regras dos xogos nos adestramentos. Ao cabo duns días o deixei porque discriminaban ás rapazas.

Unha mañá dun sábado de xaneiro de 1983, esas mesmas rapazas presentáronseme na miña casa pedíndome que lles dirixise o seu partido desa mañá, aceptei e ao final fíxenme o seu adestrador, non tiña nin idea de cómo nin que adestrar e fixen o que puiden. Nunca imaxinei que puidera durar tanto.

Equipo Benxamín Tempada 1995/96

Equipo Infantil Masculino Tempada 1997/98

Naquela época, os colexios públicos tiñan moitas actividades extraescolares, e non existía a garantía de que as actividades que había tivesen continuidade; sempre pensei que tarde ou temprano desaparecería dita actividade. Afortunadamente, para a existencia da nosa entidade houbo (e hai) xente que tiña gañas de traballar, refírome as APAS e as diferentes direccións do colexio.

Os comezos foron moi difíciles, había falta de medios económicos, materiais, coñecementos técnicos, etc..pero a pesar de todo, soubemos saír cara diante. Saquei o título de monitor para adquirir uns coñecementos técnicos e así poder adestrar cun mínimo de garantías.

Comprouse unha parella de canastras de minibáquet das que se carecía ata o momento e que, de non comprarse, eu non houbese continuado exercendo; esas canastras aínda se conservan a día de hoxe no club.

Equipo Alevín Feminino Tempada 1999/2000

Equipo Infantil Feminino Tempada 2001/2002

Durante algíns anos tívenme que multiplicar para poder adestrar aos nenos e nenas e poder asistir aos seus encontros. Afortunadamente, algúns dos rapaces que tiven ao principio creceron e lles gustou o mundillo do adestrador e axudáronme cos adestramentos. O máis significativo de eles foi Carlos Martínez Vaqueiro, un neno moi metódico que apuntaba todo e, o máis importante, gustáballe o que facía.

Teño que dicir que, seguramente, se non fose pola sua constancia e bo facer, non seríamos o club que hoxe somos. Propuxo crecer en categorías, abrirse a todo Vigo, e sobre todo a creación das Escolas Deportivas, polo que non houbo case ningunha obxección salvo no ámbito económico, xa que tódolos seus proxectos requerían de diñeiro.

Había que buscar recursos para poder crecer como Carlos quería. A falta dunha directiva, fixo que Carlos, o seu pai, presidente da Agrupación Deportiva, e algúns pais, empezaran a buscar os recursos necesarios. Por sorte, apareceu unha gran entidade que apostou e segue apostando polo deporte base, AUGAS DE MONDARIZ, a cal quero agradecerlle desde aquí a súa fidelidade co noso club, o cal grazas ao seu concurso puidemos crecer e crecer.

Grazas a todo o mencionado anteriormente, o noso club está considerado como o mellor en formación de toda Galicia. Isto soamente puídose conseguir polo traballo ben feito por todos e cada un dos adestradores, monitores, directivas, axudantes, pais do deportistas,… que formamos esta gran familia. Traballo que nos trouxo os froitos en forma de varios galardóns, entre eles, o mellor club de formación de Galicia.

Teño que dicir que me enorgullece e me chea de satisfacción saber que estos 25 anos serviron para que o noso club sexa un club recoñecido e a nosa labor alabada por todos, e tamén que durante estes anos fixen infinidade de amigos e amigas, tanto pais, nais como adestradores.

O meu maior desexo é que este club siga conmemorando máis e máis aniversarios como o que nos ocupa. Saludos afectuosos para todos.

Aalí

No hay comentarios: