NAVEGANDO NO NOVO SITIO WEB: "25 ANOS DE HISTORIA"

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia creou un novidoso sitio web para conmemorar os seus "25 Anos de Historia" e facilitar un lugar de encontro onde se poidan reunir as distintas xeracións que pasaron polo clube así como crear un espacio onde publicar e arquivar tódalas lembranzas, imaxes e opinións da historia do club.

Este novo espacio web organizouse en diferentes apartados temáticos para facilitar a búsqueda das entradas a tódolos usuarios. Podesde atopar unha "Galería de fotos" onde atoparedes tódalas fotos históricas arquivadas pola entidade e tódalas aquelas que se consigan achegar por parte da familia do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Tamén atoparedes un apartado de "Grandes momentos" onde se publicarán aqueles momentos que marcaron un antes e un despois na traxectoria da entidade.

O apartado "Antes e despois" pretende arquivar e amosar fotografías do pasado e do presente de distintas personalidades da entidade, así como unha breve reseña da súa carreira deportiva durante o seu paso polo club. Tamén haberá unha sección para lembrar a un gran número de "Equipos" pertencentes ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia cos nomes de cada integrante do equipo e coa tempada a cal pertence dita secuencia.

Tamén haberá unha sección de "Opinións" onde diferentes persoas relacionados co mundo do deporte da canastra e coa realidade da nosa entidade escribirán unha breve carta dirixida ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia onde plasmarán unha felicitación, unha reseña, unha lembranza ou unha opinión sobre os "25 Anos co Deporte Base" que está a celebrar o noso club.

Co obxectivo de facilitar unha navegacion rápida e sinxela para tódolos ususarios deste novo espacio web, recoméndase acceder aos diferentes apartados ou seccións pulsando nos enlaces facilitados que atoparedes nas columnas laterais.

Esta recomendación débese á elevada cantidade de contido que xa se publicou nesta web e que se seguirá a publicar ao longo deste ano, polo que será moito máis sinxelo acceder ás entradas publicadas mediante a sección ou tema que se pretende consultar.

Do mesmo xeito, coa finalidade de crear unha páxina web dinámica e interactiva, invitamos a tódolos visitantes e usuarios a que deixen a súa pegada mediante comentarios nas entradas ou enviando as súas fotografías no club. Tódalas fotografías que se envíen ao correo electrónico do club serán publicadas na "Galería de fotos" co obxectivo de crear e gardar unha base fotográfica ampla e abundante.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, querémosvos animar a participar nesta páxina web e a ser partícipes deste "25º Aniversario" da nosa entidade.

No hay comentarios: