CARTA DO PRESIDENTE E DA XUNTA DIRECTIVA DO SEIS DO NADAL

O azar quixo que durante este ano da nosa pasaxeira e esperemos que positiva estancia ao fronte do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, celebrárase o seu 25º aniversario, feito que viño a reforzar o noso compromiso e motivación, á vez que orienta as nosas decisións ante a sempre difícil tarefa que suporá, chegado o momento, pasar o testito en boa situación aos futuros dirixentes do Club.

 

Pouco podemos relatar da enriquecedora e importante historia do Club que non se coñeza xa, dado que a estancia ao mesmo da maioría de nos data de non moitos anos como socios e menos aínda como directivos; polo que gustosos deixamos esta tarefa a persoas con maior coñecemento de causa e de forma especial a aquelas que contan no seu haber coa honorífica condición de fundadores e fundadoras.

 

Non obstante, podemos dicir que os feitos falan por si mesmos e que aquel soño inicial duns poucos é xa desde fai anos unha puxante e firme realidade: ¡Baloncesto de formación ao alcance de todos e todas! sen distinción de xénero, raza, clase social, etnia, relixión, lingua, etc.

 

Por iso debemos agradecer a todos e todas os que nos precediron, presentes e ausente: directivos, socios, adestradores, patrocinadores e colaboradores, persoal dos colexios onde traballamos, deportistas, seguidores, etc., o gran esforzo realizado, pois sin eles o noso actual grado de participación, formación e desfrute non serían posibles.

 

Aos que por diferentes motivos xa non participan activamente no club, todavía vos queremos pedir un último esforzo: manter vivo dalgunha forma o vínculo co club que tan importantes momentos vos proporcionaron, colaborando nas múltiples facetas necesarias para o desenvolvemento da súa importante e beneficiosa actividade, aínda que soamente sexa desde a condición de socios simpatizantes.

 

Pois un fenómeno social como o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia soamente é posible co continuado esforzo e empeño de todos. E de verdade que vale a pena, pois non hai dúbida de que é un dos mellores legados que podemos deixar aos nosos fillos e fillas e futuras xeracións. ¡Poucas cousas hai máis importantes que incorporar o deporte base na vida dun neno ou xove, e máis nos tempos en que nos toca vivir!

 

Para rematar, desexarvos a todos e todas que esta celebración sexa un satisfactorio reencontro persoal e sirva de lembranza dos mellores momentos que vivíchedes na vosa etapa no Club.

 

¡Grazas e noraboa por logralo! ¡25 anos é unha gran meta que nos fai seguir traballando e soñando como en 1983 o fixeron os noso fundadores!

 

Presidente do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia en representación da Xunta Directiva. 

No hay comentarios: