"25 ANOS CO DEPORTE BASE" NOVO BLOG DO 25º ANIVERSARIO

Neste ano, que xa remata, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia está celebrando o 25º Aniversario, os "25 Anos de Historia" e para conmemorar esta data tan sinalada, o club inaugura un novo espacio web adicado aos "25 Anos co Deporte Base en Coia".

Neste nova web se lembrarán e se recollerán os grandes momentos que viviu o noso club ao longo do tempo, os logros conseguidos, así como tódolos cambios que a entidade tivo durante a súa evolución.

Este blog titulado "25 Anos co Deporte Base" contará con numerosas seccións que farán unha bonita e profunda mirada ao pasado da nosa entidade. Cun ton nostálxico e familiar nas entradas do sitio web sucederanse momentos inesquecibles vividos no Seis do Nadal, membros que pertenceron á nosa familia, opinións sobre a historia do noso club de persoaxes relevantes no baloncesto vigués e galego, etc.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desexa que este novo espacio web sexa un novo punto de encontro para o pasado e o presente da entidade, un lugar onde poder lembrar o pasado, un pasado cargado de bos momentos que sempre permanecerán na memoria.

No hay comentarios: