CARTA DE ADRIÁN MARTÍNEZ: "O XERME INICIAL DO NOSO CLUB"

O colexio comezou as súas clases no mes de novembro de 1982. Posteriormente un grupo de pais comezamos a traballar en busca de actividades deportivas e lúdicas, para que os nosos fillos non estiveran pola rúa fora do horario lectivo (entón o horario lectivo era ata as 17:00 horas).

Naquela época no ximnasio facíase ballet e no exterior facíase atletismo, futbito e baloncesto. A actividade de atletismo era impartida por un pai e o Club San Andrés, o futbito foi impartido por Fernando (adestrador do Sardoma) no seu inicio e posteriormente por Juan (conserxe do colexio e adestrado do Victoria) quedando o equipo subcampión de Vigo en alevíns. Un dos xogadores deste equipo alevín era Michel Salgado.

O adestrador da actividad de baloncesto era Miguel (xogador profesionial e xa falecido) pero meses despois contactouse con Aalí, facéndose cargo da Sección de Baloncesto e ampliando pouco a pouco as categorías.

Estas actividades eran gratis e non recibíamos ningunha axuda dos organismos e algúns padres facíamonos cargo dos gastos e desprazamentos a outros colexios para competir nas actividades correspondentes. Dímonos conta que a única forma oficial de que nos otorgaran algunha axuda era forma unha Agrupación Deportiva e posteriormente entrar a formar parte da Directiva do Deporte Base de Vigo (dependiente naquel entonces da Xunta de Galicia).

O Presidente desa novidosa Agrupación Deportiva fun eu, Adrián Martínez, tamén Presidente do A.P.A.; o tesoureiro foi Jose Suárez, delegado de baloncesto; o secretario foi Jose Luis Hernández, naquel momento Director do centro; e Pena, Charo, Ana, Aalí, Sampedro, Pili e outros figuraron como vocais.

 

 

Adrián Martínez (Tempada 1995/96)

No ano 1986 a actividade de futbito non teñe continuidade e decide non seguir debido a problemas de incompatibilidade de horarios da propia actividade co fútbol dos clubs externos. Isto fixo posible que se organizase a actividade de Balonmano dirixida por Moncho (adestrador con experiencia) e que deu salida, entre moitos outros, a Pablo Macías, actual xogador do Pilotes Posada.

Despois de moitas visitas ao Concello e a Educación conseguimos axudas e colaboracións que fixeron posibles ampliar o horario das actividades.

Posteriormente creouse a actividade de Bádminton (impartida por Moncho, pai dun alumno do centro) e que tamén deu os seus froitos chegando a xogar o Campionato de España con Carlos Martínez, Moncho Quiroga e Raquel. Tamén se chegou a impartir durante dous anos a actividade de tenis impartida pola Delegación de Tenis.

No ano 1985 creouse a actividade de Ximnasia Rítmica dirixida por Mª Carmen, actividade que provocou que no ano 1987 se creara a actividade de Ximnasia de Mantemento para Nais.

Tamén nos anos 90 estableceuse unha colaboración co Instituto Alexandre Bóveda (sendo o Director do centro Antón Piñeiro) para impartir bádminton, volei e baloncesto para que os nosos fillos tiveran continuidade no deporte.

Nesa época comeza a aumentar o número de deportistas no Balonmán e no Baloncesto, feito que nos leva a ter que aumentar o número de adestradores, aos cales se lles daba algún diñeiro por desprazamentos.

Despois desta breve lembranza aos primeiros anos da actividade deportiva do centro remato agradecendo a todos aqueles familiares, membros do A.P.A., adestradores/as e a todos aqueles que fixeron grande esta Agrupación todo o seu esforzo, sacrificio e dedicación para sacar adiante tan ambicioso proxecto.

No hay comentarios: