CARTA DE FERNANDO VIDAL: "TODO COMEZOU NO SEIS DO NADAL"

Fai 17 anos aproximadamente, polo ano 1991, comecei a miña etapa como xogador de baloncesto no Seis do Nadal aos 6 anos de idade. Os meus pais anotáronme porque ao ser máis alto que o resto de nenos da miña idade, pensaron que o baloncesto podería ser un deporte interesante para mín.

Os anos pasaban, e tras un largo e intenso traballo nas sesións de adestramentos con adestradores como Quique Pérez, Aalí Mohamed, Carlos Martínez ou David Fernández, entre outros, as chamadas das Seleccións de Vigo, Galicia e España non tardaron en chegar.

Fernando Vidal e Aalí Mohamed (1999)

Infantil "A" Seis do Nadal (1999)

Cadetes e Infantís Seis do Nadal (1999)

Numerosas foron as concentracións, partidos e torneos aos que asistín por toda a xeografía galega e nacional. Os Campionatos de España de Seleccións Infantís en Cataluña, foron un bo escaparate para que no ano 1999 se fixara en mín o xa extinguido equipo Siglo XXI de Lugo, propiedade da Federación Española de Baloncesto.

Tras un ano en dito equipo e apenado polo peche do mesmo, recibín unha gran sorpresa ao saber que tanto o TAU de Victoria como o F.C. Barcelona ofertábanme unha beca deportiva e de estudios. Decidín trasladarme a Barcelona, onde xoguei en categoría cadete e xuvenil durante tres anos.

Siglo XXI

F.C. Barcelona

Cos irmáns Gasol no F.C. Barcelona

Con Marc Gasol no F.C. Barcelona

Coa Selección Española Cadete conseguín a medalla de bronce no Europeo de Letonia no 2001, xogando con compañeiros de renome como Marc Gasol ou Rudy Fernández.

Unha vez finalizada esta experiencia volvín a Lugo, pero esta vez para xogar en categoría sénior en Liga EBA co Estudiantes e para adestrar co Leche Río Breogán de ACB. Tras tres anos en Lugo, volvín a miña cidade natal no ano 2005 para xogar no Gestibérica de LEB-2 durante dous anos. Actualmente, compaxino a miña xornada laboral xogando no equipo do C.B. Tui.

Campionato Europeo Cadete 2001 (Letonia)

Campionato Europeo Cadete 2001 (Letonia)

Torneo Selección Española

Deixando a un lado o meu historial deportivo, sen lugar a dúbidas, o ano 2008 quedará na memoria de moitos como o ano do 25º Aniversario do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Esta celebración motivou a realización de numerosos eventos conmemorativos como torneos, 3x3, clínics, actos institucionais, etc.

Do mesmo xeito, son moitos os ex-xogadores/as que agardan con impaciencia e entusiasmo o partido interxeracional que se celebrará a finais de decembro. Persoalmente penso que é unha idea fantástica, xa que se volverá a reunir un gran número de antigos xogadores cos que poder revivir aqueles marabillosos anos envoltos en anécdotas e adestramentos baixo a choiva.

Hoxe en día, e grazas ao incesable traballo da Directiva do club ao longo dos anos, as melloras tanto a nivel organizativo como a dispoñibilidade de recursos materiais foron destacables. De todos modos, desde o meu punto de vista, os obxectivos do club, como os da maioría das empresas, deberían basearse nunha mellora continua, de tal forma que o inconformismo estivese presente no día a día, co fin de conseguir novos e mellores proxectos futuros.

A día de hoxe, ao meu parecer, estase a seguir esta filosofía, polo que desde estas liñas felicito a tódolos membros do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para que sigan dito rumbo e que, algún día podamos, todos xuntos, celebrar o 50º Aniversario.

Un cordial saúdo. Fernando Vidal.

(Tódalas fotografías foron cedidas por Fernando Vidal)

1 comentario:

Unknown dijo...

jajaja.....es que ya somos mayores!!!

Me acuerdo un partido en Teis, en el barrio de las Flores, contra el Teis Coutadas. Creo que era el tercer tiempo, cuando en un contra ataque, Fernando realizó un reverso en carrera, dejando la correspondiente bandeja. Ante la cara de asombro de todos, Alí me preguntó si yo le había enseñado la jugada en cuestión a lo cual respondí que no. Fernando había nacido para este deporte.

Lo dicho, no hacemos mayores.