CARTA DE JORGE MARTÍNEZ: "UN GRAN CLUB POR E PARA A BASE"

 

Con 9 anos comecei a miña andanza polo baloncesto, sempre unido a este club tanto como xogador como adestrador. Estos 18 anos vinculado ao club déronme moitas vivencias, grandes sensacións e unha gran unión dentro deste club, como se dunha familia se tratase.

 

Desde o meu primeiro día ata o día de hoxe o club foi evolucionando a marchas forzadas en instalacións (aínda lembro os días que adestrabamos baixo a choiva, feito que non facía que non disfrutaramos deste deporte), en adestradores (de 3 ou 4 que había para todo o club a tener o corpo técnico que temos na actualidade), e sobretodo en colaboracións (antes unha persoa tiña que facer moitas das labores que o club reclamaba e agora contamos cunha gran estructura de traballo onde a xente se esforza polo club).

 

A miña vida de baloncesto no club comezou en categoría benxamín, ata que en categoría cadete e júnior tiven que xogar co Helios Zorka por falta de xogadores no noso club, regresando a nosa entidade unha ver rematado este periplo.

 

 

Alevín Feminino Tempada 1998/1999

 

 

Infantil Feminino Tempada 1999/2000

 

Como adestrador comecei aos 16 anos cando me fixen cargo dun grupo Alevín Feminino co cal dos anos despois nos fixo lograr un gran éxito a nivel galego e chegando a disputar un Intersector do Campionato de España. Teño moi bo recordo deste grupo; en once anos que levo adestrando neste club quédome co recordo de tódalas rapazas que adestrei. Creo que parte do éxito dun grupo é a unión que pode chegar a haber entre xogadores, adestradores, familiares e club, e iso é o que fai grande a un club, e esa debe ser a nosa riqueza.

 

Aos 17 anos déronme a oportunidade de axudar nunha Selección de Vigo, da cal ao seginte ano xa me faría cargo, estando ao frente dunha selección zonal durante seis anos seguidos.

 

 

Benxamín Feminino Tempada 2007/2008

 

Personalmente gustaríarme destacar a labor de Aalí Mohamed como precursor do baloncesto neste club e a labor de Carlos Martínez como a perosa que coa súa dedicación fixo grande a este club. Tamén resaltar a gran labor dos adestradores pola súa labor desinteresada, por cariño a este club e creo que éste é o resultado, o cal me gustaría que seguise cara arriba.

 

Gustaríame tamén que tanto xogadores como pais tiveran confianza neste club, que ao meu parecer é un dos poucos por non dicir o único que se dedica de forma completa desde o primeiro rapaz ata o úlitmo desta entidade. Sen máis, agradecer todos estes anos e animar ás novas xeracións a seguir crecendo deportivamente e facer máis grande este club.

No hay comentarios: