Un cuarto de século de éxitos.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia celebra este 2008 os seus 25 anos de vida co orgullo que dá botar a vista atrás e sentirse satisfeito do traballo realizado, tanto no seu propio ámbito de actuación como pola súa contribución ao desenvolvemento do baloncesto galego.
Como moitos dos clubs galegos o C.B. Seis do Nadal nace ao abeiro dun Colexio, e co apoio dunha Asociación de Pais, imaxinativa e ilusionada, que realizou un gran número de actividades tanto culturais como deportivas, que a longa, influíron e promoveron a fundación da man de Adrián Martínez, da Agrupación Deportiva Seis do Nadal.
O baloncesto no foi dos deporte máis solicitados nos inicios da Agrupación Deportiva, pero as mozas apostaron por el, e da man de Aalí Mohammed, empezouse a asentar o baloncesto e en especial o feminino.
O C.B. Seis do Nadal achegou un numerosísimo grupos de xogadores e xogadoras ao baloncesto da nosa Comunidade Autónoma, moitos dos/as cales vestiron a camiseta das nosas seleccións, tamén foi canteiras de exemplares directivos, árbitros, adestradores, etc.
Son moitos os eventos e actividades que organizaron en Vigo ao longo destes 25 anos e así se lle recoñeceu, concedéndolle o recoñecemento de “Mellor Club de Vigo e Comarca” pola Delegación Viguesa de Baloncesto en varias tempadas, e o “Premio Deporte na Escola 2003”, concedido pola Xunta de Galicia.
Por todo iso felicitámosvos, e felicitémonos, convencidos de que as innumerables éxitos deste cuarto de século poden quedar empequenecidos polos que aínda están por chegar. Ademais quixera destacar e felicitar á Xunta Directiva e colaboradores cuxa labor na sombra nunca será o suficientemente recoñecida.
Francisco Martín Micó.
Presidente da Federación Galega de Baloncesto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario