O pasado sábado 27 de decembro o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia celebrou a Festa de Nadal 25º Aniversario como acto conmemorativo dos "25 Anos de Historia co Deporte Base en Coia", un acto onde se reuniron as xeracións actuais e as xeracións da historia da entidade.
Despois dos partidos amigables entres os equipos federados actuais da entidade comezaron os partidos interxeracionais do 25º Aniversario.
Con estes partidos interxeracionais conseguiuse xuntar na pista a un gran número das xeracións que pasaron polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia ao longo dos "25 Anos co Deporte Base". O obxectivo destes encontros amigables foi reunir na tarde do sábado 27 de decembro a antigos xogador@s, adestrador@s, monitor@s, coordinador@s, colaborador@s e amig@s para que poidesen volver a disfrutar duns partidos nas pistas do Colexio Seis do Nadal.
Ademais estes encontros fixeron posible que moitos integrantes do Seis do Nadal se achegaran á Festa de Nadal 25º Aniversario para pasar unha xornada de convivencia con vellos amig@s e compañeir@s.
Na pista xuntáronse para disputar os partidos xogadores do primeiro equipo Sénior Masculino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, xogadores e xogadoras das xeracións 1984, 1985, 1986, 1987, 1988, 1989, 1990 e moitas outras. Ademais tamén estiveron nas pistas e nas gradas protagonistas da historia da entidade (antigos xogadores/as, adestradores/as, etc.) que animaron durante os partidos interxeracionais e disfrutaron dunha xornada de convivencia e de lembranzas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario