O pasado sábado 27 de decembro o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia celebrou a Festa de Nadal 25º Aniversario como acto conmemorativo dos "25 Anos de Historia co Deporte Base en Coia" que se cumplen neste ano 2008 que xa remata, un acto onde se reuniron as xeracións actuais e as xeracións da historia da entidade.
A primeira hora da tarde comezaba o evento con partidos do presente da entidade entre combinados das diferentes categorías dos equipos federados. Participaron nestes partidos amigables máis de 200 xogadores e xogadoras de categoría benxamín, alevín, infantil, cadete e júnior desta tempada 2008/09.
O obxectivo destes partidos foi reunir nunha tarde e nunha pista ao presente do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para celebrar os "25 Anos de Historia" e para vivir unha xornada de convivencia nestas festas de Nadal.
Os equipos actuais do club foron o punto de saída dun evento que tivo numerosos momentos e actividades para a lembranza e para a convivencia, e a partir destes equipos comezáronse a lembrar e revivir equipos da historia do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario