O pasado sábado 27 de decembro o
Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia celebrou a Festa de Nadal
25º Aniversario como acto conmemorativo dos "25 Anos de
Historia co Deporte Base en Coia", un acto onde se reuniron as
xeracións actuais e as xeracións da historia da entidade.
Despois dos partidos amigables entres os equipos federados
actuais da entidade comezaron os partidos interxeracionais do
25º Aniversario.
Con estes partidos interxeracionais conseguiuse xuntar na
pista a un gran número das xeracións que pasaron polo Club Baloncesto Seis do
Nadal - Coia ao longo dos "25 Anos co Deporte Base". O obxectivo destes
encontros amigables foi reunir na tarde do sábado 27 de decembro a antigos
xogador@s, adestrador@s, monitor@s, coordinador@s, colaborador@s
e amig@s para que poidesen volver a disfrutar duns partidos nas pistas do
Colexio Seis do Nadal.
Ademais estes encontros fixeron posible que moitos
integrantes do Seis do Nadal se achegaran á Festa de Nadal 25º Aniversario para
pasar unha xornada de convivencia con vellos amig@s e compañeir@s.
Na pista xuntáronse para disputar os partidos xogadores do
primeiro equipo Sénior Masculino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia,
xogadores e xogadoras das xeracións 1984, 1985, 1986, 1987, 1988, 1989, 1990 e
moitas outras. Ademais tamén estiveron nas pistas e nas gradas protagonistas da
historia da entidade (antigos xogadores/as, adestradores/as, etc.) que animaron
durante os partidos interxeracionais e disfrutaron dunha xornada de convivencia
e de lembranzas.