CARTA DE JAIME RODRÍGUEZ: "UN REFLEXO DA FORZA DO NOVO CLUB"

A idea final do escudo foi collendo forma tras varias reunións con Carlos Martínez, nas que pouco a pouco definimos o que, pensamos, debería quedar representado.

Xa desde un principio, en canto á forma, plantexamos o círculo para facer unha obvia referencia a un balón. Quedaría fragmentado en tres partes segundo as liñas do mesmo. En cada unha delas aparecería algo característicos do novo club.

O primeiro que pensamos representar foi a cidade á que pertence, inicialmente coa bandeira, que despois quedaría delimitada coa "V", o que ao final serviría como eixo central e separaría as tres zonas.

A esquerda, aínda que tiñamos a idea de plantexar algo referente ao baloncesto, quedámonos coa idea de que figurará un elemento da orixe, o vello escudo de Seis do Nadal que desde sempre figurara nas equipaxes e demais.

Ambos coincidimos en que non podía pasar sen un referente a un barrio tan característico coma o noso, polo que decidimos incluír o escudo de Coia.

Por último, pensamos en darlle un toque un pouco máis agresivo rodeándoo de lapas, tamén presentes en algún modelo de camisolas de adestramento e outras aplicacións, e que pretendían ser reflexo da forza coa que este novo club nacía e comezaba a súa expansión.

Jaimen

No hay comentarios: