Fai 17 anos aproximadamente, polo ano 1991, comecei a miña etapa como xogador
de baloncesto no Seis do Nadal aos 6 anos de idade. Os meus pais anotáronme
porque ao ser máis alto que o resto de nenos da miña idade, pensaron que o
baloncesto podería ser un deporte interesante para mín. Os anos pasaban, e tras un largo e intenso traballo nas
sesións de adestramentos con adestradores como Quique Pérez, Aalí Mohamed,
Carlos Martínez ou David Fernández, entre outros, as chamadas das Seleccións de
Vigo, Galicia e España non tardaron en chegar. Fernando Vidal e Aalí Mohamed (1999) Infantil "A" Seis do Nadal (1999) Cadetes e Infantís Seis do Nadal (1999) Numerosas foron as concentracións, partidos e torneos aos que
asistín por toda a xeografía galega e nacional. Os Campionatos de España de
Seleccións Infantís en Cataluña, foron un bo escaparate para que no ano 1999 se
fixara en mín o xa extinguido equipo Siglo XXI de Lugo, propiedade da
Federación Española de Baloncesto. Tras un ano en dito equipo e apenado polo peche do mesmo,
recibín unha gran sorpresa ao saber que tanto o TAU de Victoria como o F.C.
Barcelona ofertábanme unha beca deportiva e de estudios. Decidín trasladarme a
Barcelona, onde xoguei en categoría cadete e xuvenil durante tres anos.
Siglo XXI
F.C. Barcelona
Cos irmáns Gasol no F.C. Barcelona
Con Marc Gasol no F.C. Barcelona
Coa Selección Española Cadete conseguín a medalla de bronce
no Europeo de Letonia no 2001, xogando con compañeiros de renome como Marc Gasol
ou Rudy Fernández. Unha vez finalizada esta experiencia volvín a Lugo, pero esta
vez para xogar en categoría sénior en Liga EBA co Estudiantes e para adestrar co
Leche Río Breogán de ACB. Tras tres anos en Lugo, volvín a miña cidade natal no
ano 2005 para xogar no Gestibérica de LEB-2 durante dous anos. Actualmente,
compaxino a miña xornada laboral xogando no equipo do C.B. Tui.
Campionato Europeo Cadete 2001 (Letonia)
Campionato Europeo Cadete 2001 (Letonia)
Torneo Selección Española
Deixando a un lado o meu historial deportivo, sen lugar a
dúbidas, o ano 2008 quedará na memoria de moitos como o ano do 25º Aniversario
do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Esta celebración motivou a realización
de numerosos eventos conmemorativos como torneos, 3x3, clínics, actos
institucionais, etc. Do mesmo xeito, son moitos os ex-xogadores/as que agardan con
impaciencia e entusiasmo o partido interxeracional que se celebrará a finais de
decembro. Persoalmente penso que é unha idea fantástica, xa que se volverá a
reunir un gran número de antigos xogadores cos que poder revivir aqueles
marabillosos anos envoltos en anécdotas e adestramentos baixo a choiva. Hoxe en día, e grazas ao incesable traballo da Directiva do
club ao longo dos anos, as melloras tanto a nivel organizativo como a
dispoñibilidade de recursos materiais foron destacables. De todos modos, desde o
meu punto de vista, os obxectivos do club, como os da maioría das empresas,
deberían basearse nunha mellora continua, de tal forma que o inconformismo
estivese presente no día a día, co fin de conseguir novos e mellores proxectos
futuros. A día de hoxe, ao meu parecer, estase a seguir esta
filosofía, polo que desde estas liñas felicito a tódolos membros do Club
Baloncesto Seis do Nadal - Coia para que sigan dito rumbo e que, algún día
podamos, todos xuntos, celebrar o 50º Aniversario. Un cordial saúdo. Fernando Vidal. (Tódalas fotografías foron cedidas por Fernando Vidal)
CARTA DE FERNANDO VIDAL: "TODO COMEZOU NO SEIS DO NADAL"
Publicado por 6nadal
Categorías: Opinión
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
jajaja.....es que ya somos mayores!!!
Me acuerdo un partido en Teis, en el barrio de las Flores, contra el Teis Coutadas. Creo que era el tercer tiempo, cuando en un contra ataque, Fernando realizó un reverso en carrera, dejando la correspondiente bandeja. Ante la cara de asombro de todos, Alí me preguntó si yo le había enseñado la jugada en cuestión a lo cual respondí que no. Fernando había nacido para este deporte.
Lo dicho, no hacemos mayores.
Publicar un comentario