Fernando Vidal, nado en Vigo no ano 1985, foi xogador das categorías inferiores do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia ata os 14 anos, idade na que abandonou o club para despegar como xogador de baloncesto.
Despois dun ano no Centro de Alto Rendemento do Siglo XXI, foi becado polas filas do F.C. Barcelona, equipo no que estivo tres tempadas. Máis tarde militou na Fundación Breogán de Lugo onde chegou a ser convocado co primeiro equipo en Liga ACB.
Fernando Vidal foi un dos xogadores do Gestiberica - Cidade de Vigo no ano da súa creación na tempada 2006/07, ano onde o equipo competiu na Adecco LEB Bronce. Na tempada 2007/08 Fernando mudouse ao C.B. Valls (Barcelona) para competir na Liga EBA.
As categorías inferiores da Selección Española de Baloncesto tamén foron visitadas por Fernando Vidal quen tamén garda no seu palmarés unha medalla de bronce conseguido no Europeo Cadete celebrado en Riga (Letonia) no ano 2001.
Fernando Vidal desde que comezou no Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia ata o día de hoxe mostrou unha gran fidelidade e unha gran solidariedade pola entidade. Este gran xogador, pero mellor persoa, sempre que lle é posible non dúbida en acudir ao noso club para participar e colaborar nas diferentes actividades, torneos ou eventos que se organizan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario