NACE A AGRUPACIÓN DEPORTIVA SEIS DO NADAL: A NOSA ORIXE

 

Corría o mes de setembro de 1982 cando, nun barrio de Coia en pleno crecemento e expansión, entraba en funcionamento un novo centro escolar, o Colexio Público Seis do Nadal, que deu novos bríos á actividade educativa, social e deportiva do seu entorno.

Coia era por aquel entonces un barrio deprimido e necesitado de todo tipo de servizos que vía crecer de xeito vertixinoso cada ano a súa poboación.

O feito de contar cunha comunidade educativa nova e ilusionada co seu posto de traballo, xunto co nacemento dunha Asociación de Pais e Nais de Alumnos loitadora e sacrificada, facilitou que no ámbito cercano deste colexio xurdiran unha chea de iniciativas que contaron con suficiente respaldo para tirar cara adiante, impulsando o asociacionismo desde tódolos ámbitos e ocupando o tempo libre dos nenos e nenas como prevención ante as lacras sociais do momento.

Naquel primeiro ano de vida escolar, o centro acolleu un sinfín de actividades culturais, recreativas e deportivas, froito das que logo naceron outras asociacións que traballaron a favor do noso barrio, entre elas, a Agrupación Deportiva Seis do Nadal.

Desta forma, tras organizar diversas actividades de promoción deportiva ó longo do primeiro ano de existencia del CP Seis do Nadal, no mes de Abril de 1983 se creou unha sección deportiva dentro do ANPA, onde tiñan cabida tódalas actividades deportivas organizadas por esta asociación: era o xerme inicial do noso club, as nosas orixes.

No hay comentarios: